Ola: o 24 de febreiro homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO cunhas actividades feitas polos nosos alumnos e alumnas.
Entón, entre pequenos grupos de aulas decorouse un panel con cartulinas pintadas con debuxos que facían referencia ao poema CANTARES GALEGOS.
Ademáis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega repartiu a cada aula a flor preferida de Rosalía, un pensamento, para colocala noutro panel que decora a entrada do noso cole, xunto co outro panel.
E, para rematar esta homenaxe, os alumnos e as alumnas da aula 10 colorearon fotos de Rosalía e puxéronlle voz aos versos traballados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario