Ola: o 8 de marzo para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" cada aula empregou e adaptou distintos materiais que compartimos nun "genially" para tal fin.
Como actividade colectiva, decidimos reciclar un mural do curso pasado e darlle un novo uso. Baixo o lema "TODOS SOMOS TODAS..." cada titor/a traballou co seu alumnado distintas profesións que, indistintamente, poden desempeñar tanto homes coma mulleres. Con foto, pictograma ou debuxo o alumnado escolleu unha profesión e decorou o seu círculo. O mural colocouse na Praza das Pombas e por ali fomos pasando todos/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario