Ola: o 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA coa lectura polas aulas, por parte do alumnado do PFB, de varias poesías e tamén lles entregaron aos compañeiros unha invitación para participar nun obradoiro, o venres 27, na biblioteca do cole. Neste obradoiro pintamos un chaveiro que tiña, por un lado a cara de Rosalía e, polo outro, a súa casa.
Algúns alumnos tamén desfrutaron, coas gafas virtuais, da visita pola casa da escritora.
Pasámolo xenial!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario