mércores, 15 de maio de 2024

MAIOS´24

Ola: este ano para celebrar os Maios fixemos, en relación co poema "Primavera" do libro "No bico do vento", unha fermosa gaiola para uns paxariños moi especiais que fixeron os nosos alumnos.

Mirade que bonito nos quedou o noso Maiio!!!

                               

luns, 6 de maio de 2024

DÍA DO LIBRO´24

Ola:nesta semana, do 22 ao 26 de abril, celebramos no cole o DÍA DO LIBRO  con dúas actividades: dende Radio Velle realizamos unha serie de entrevistas a algúns dos nosos compañeiros e compañeiras para que nos contaran como se levan cos libros na súa casa, canto e cando len e cales lecturas nos recomendan; e, tamén, o alumnado do PFB pasou por todas as aulas léndolles aos compañeiros e compañeiras distintos poemas do libro "NO BICO DO VENTO" e tamén lles presentaron un libro-xogo dos distintos paxaros que saen nos poemas e que se están traballando neste trimestre.
Esperamos que o desfrutedes!!!.



 


DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA PRIMAVERA 2024

Ola: A semana do 18 ao 22 de marzo realizamos dúas actividades para conmemorar o DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA PRIMAVERA.

Por unha banda, coa axuda do profe Ramón e o alumnado do PFB de Xardinería, apadriñamos distintas especies de árbores que temos nos arredores do centro. Logo dun sorteo, cada aula decorou un canto rodado e saiu a identificar e colocar a súa pedra na árbore correspondente.

Os rapaces e rapazas do PFB aínda van seguir identificando e colocando máis cantos rodados a outras especies que temos no centro.

Por outro lado, fixemos outra actividade moi bonita: "LIBERAR UN POEMA" que consistiu en compartir uns poemas cos compañeiros e compañeiras do cole CEE  Santa María (Lugo).

Como veredes no vídeo, nos enviámoslles unha gaiola cargadiña de poesía e eles fixeron o mesmo, unha vez no centro o alumnado do PFB encargouse de ir polas distintas aulas dándolles aos alumnas e alumnos a escoller un poema para posteriormente lérllelo.

MOITAS GRAZAS a todos e todas os que  fixestes posible as actividades!!!