martes, 20 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS´25

Ola: o 16 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado "AS CANTAREIRAS- A POESÍA POPULAR" e, por iso, poñemos en valor a poesía popular oral, esa que leva séculos facendo rir, emocionar e pensar. Para homenaxeala, o noso alumnado fixo unhas pandeiretas moi especiais e axudou a vestir a unha cantareira que xa quere botar a cantar!!!.



Ademáis, para darlle continuidade á programación de actividades organizadas para celebrar as Letras Galegas, o venres 23 de maio,  tivemos música en vivo e en directo.

Grazas a nosa compañeira Marta e as súas compañeiras, as pandereteiras "As lambisqueiras" de Barbadás, desfrutamos dunhas cantigas tradicionais ao son das súas voces e as ferreñas que non deixaron de soar!!!.Moitísimas grazas e a seguir mantendo a tradición.

Foi estupendo!!!




 

luns, 12 de maio de 2025

MAIOS´25

Ola: E como non podía ser doutro xeito o alumnado do CEE Miño, coa axuda do profesorado e resto de persoal que se implicou na súa elaboración, fixo o seu propio MAIO!!!
Tomamos como referencia un Maio tradicional, que aparece no conto que estamos traballando este curso, e logo, cada aula preparou un adorno e a decoración que lle apeteceu.
Verdade que nos quedou moi chuliño?




venres, 9 de maio de 2025

MALETA VIAXEIRA`25

Ola: Despois dunha temporada no cole, hoxe con moito cariño, devolvemos á biblioteca do cole CEE Infanta Elena a "Maleta viaxeira" de xogos que nos deixaron nun préstamo.
Grazas a esta experiencia poidemos compartir a nosa paixón por aprender e desfrutar xuntos!
Grazas por ser parte desta aventura de compartir, xogar e descubrir!!!.



mércores, 7 de maio de 2025

DÍA DO LIBRO´25

Ola: Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos varias actividades ao longo de dúas semanas e, a continuación, explicámosvos un pouquiño cales foron:

1. Elaboración dun libro-forma de "Violeta ás agachadas". Cada aula escolleu un mes diferente do libro e fixo a adaptación baseándose na ilustración dese mes no conto orixinal, logo a creatividade e imaxinación foron as encargadas de facer un traballo tan fermoso.
En breve poñeremos outra versión, onde o alumnado le en voz alta os refrán e ditos de cada mes.
 

             


2. Obradoiro de elaboración de pan artesanal e roscón de Pascua por parte do alumnado da aula 1, que foron acompañando a Perico e Violeta para recoller, en cada aula, a páxina do libro-forma de "Violeta ás agachadas". Como agasallo entregaron un anaco de pan ou roscón para quen quixo.



3. Desfrutamos un montón do contacontos con Sabela Gago, que veu a facer maxia cunha maleta chea de historias para compartir con nós!!!.


4. Mural colaborativo de varias aulas nas que traballaron distintos poemas, en forma de caligramas, do autor Ramón D. Veiga, autor do libro "Violeta ás agachadas", que escollemos  para traballalo como Proxecto Documental Integrado ao longo do curso.
 

venres, 11 de abril de 2025

DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA´2025

Ola: O 21 de marzo para celebrar o DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA, fixemos varias actividades que vos resumimos nos seguintes vídeos .
Moitas datas sinaladas e bonitas para preparar actividades tan fermosas como as que fixemos.
Vese claramente que Violeta foi a protagonista e aprendemos un montón de nomes de flores diferentes e deixamos voar a nosa imaxinación para facer os traballos tan logrados que saíron.
E que menos que plantar unhas plantas no "Tren de Violeta e Perico" xogando ás agachadas.
Ogallá vos gusten!!!
Nós pasámolo moi ben!!!



mércores, 12 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER´25

Ola: A pasada semana, co gallo do 8M, "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER", fixemos unha actividade para as mulleres e nenas en toda a diversidade.

Vai por todas nós!!!.


 

 

martes, 11 de marzo de 2025

ENTROIDO´25

Ola: Aquí vos deixamos un vídeo resumo do ben que cumprimos coas Ordes do Meco ao longo da semana, e do venres, día de festa e celebración do ENTROIDO no cole. 
Cada nivel escolleu algo representativo do conto que este curso  estamos traballando: "Violeta ás agachadas" e de aí saíron...
1º Nivel: papoulas
2º Nivel: bonecos de neve
3º Nivel: pallozas
E logo, un montón de bechos, flores, xardineiros/as... un bo equipo de traballo para pasar unha mañá de festa!
Agardamos que vos guste moito!!!.

 


luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA´25

Ola: O venres, 21 de febreiro, adiantámonos un chisquiño á data oficial de celebración do DÍA DE ROSALÍA e no cole realizamos distintas actividades: un panel cunha rosa, a lectura do libro "Miña casiña, meu lar" e fixemos un obradoiro de musicoterapia co mestre de Música.
Mostra do realizado son estes dous vídeos que fixemos e no que recollemos algúns momentiños.

Sempre ROSALÍA DE CASTRO!!!


 

                                          

luns, 3 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ´25

Ola: O venres 31 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ cunha actividade na que participamos todos os alumnos e mestres.
Por aulas fomos colocando no noso mural, que tiña de protagonista a Violeta (do conto "Violeta ás agachadas"), unha pomba que fixemos previamente nas nosas aulas.

E para rematar, cantamos unha canción "O canciño", composta polo noso mestre de música Juanjo

  

mércores, 8 de xaneiro de 2025

NADAL´2024

Ola: para festexar o Nadal no cole fixemos moitas actividades. Esperamos que as desfrutedes tanto coma nós!!!:
Degustamos unha merenda moi especial...tivemos unha CHOCOLATADA moi, moi doce...


Tivemos a tan esperada visita de Papá Noel, que nos trouxo algún agasallo!!!.


Os alumnos e alumnas do CEE Miño deséxanvos a todos un BO NADAL.

FELICES FESTAS !!!.