venres, 9 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Ola: O 2 de  decembro adiantámonos un pouco para conmemorar no centro o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.
Contamos coa colaboración da profe Vane (que estivo o curso pasado no cole), que se disfrazou de Perico para facer a presentación da actividade e levar o fío condutor da mesma no auditorio do cole.
Cada aula decorou e preparou 2 pezas: unha parte dun quebracabezas con forma de paraugas e o brazo dun alumno/a cunha palabra alusiva as potencialidades das persoas. Foise saíndo por quendas para pegar as partes e o resultado quedou moi bonito. Así, recordamos o lema que dende fai uns anos temos presente neste día que é: "Todos baixo o mesmo paraugas".
Ademáis, Yerai (alumno do P.F.B.) quixo compartir con tod@s un rap que compuxo e rematamos con música e baile esta actividade.

 

                          


venres, 18 de novembro de 2022

O MAGOSTO DE VELLE

Magosto, magostiño, chegaches co San Martiño!!!
O 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole e houbo de todo: xogos, baile,...e non podían faltar a  fogueira, as castañas e os tizóns para poñer as nosas caras ben bonitas!!!.
Pasámolo en grande!!!

 

xoves, 17 de novembro de 2022

E, POR FÍN,CHEGOU O SAMAÍN

Ola: Un ano máis chegou o SAMAÍN ao noso colexio. 

Despois dunha semana chea de traballo decorando terrorificamente o cole, o xoves fixemos varias actividades onde o alumnado vestiuse e maquillouse nas  aulas para dar moito medo e para vivir diferentes emocións ao pasar polo túnel do terror. Ao rematar sacaron unha foto de grupo no photocall terrorífico!!!.

Para rematar o profesorado escolleu a cabaza que máis lles gustou da nosa exposición.
Ogálla disfrutedes vendo as fotos da celebración aínda que só sexa a metade do ben que nos o pasamos!!!


mércores, 16 de novembro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola: Para celebrar o 24 de outubro o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES recibimos a visita de Perico, que coa axuda de tres alumnas marabillosas, presentáronnos o conto: "O branco non pinta", adaptado para traballar durante este curso a liña temática "Perico e as cores".
Fixéronnos pasar unha mañá xenial!!!

mércores, 8 de xuño de 2022

"O MAR NO CAMIÑO".

Ola:neste curso desfrutamos dun contacontos e dun obradoiro chamado "O MAR NO CAMIÑO". É un proxecto que forma parte do programa, "O Teu Xacobeo" da Xunta de Galicia co fin de difundir a cultura mariñeira.
A contacontos narrou as aventuras de Migueliña "a vieira", Laura "a xarda", Antón "o cangrexo" e Roberto "o polbo" no seu camiño a Santiago de Compostela.
Ao rematar algúns alumnos e alumnas foron á biblioteca para continuar a actividade e desenvolver un  obradoiro de "origami", no que realizaron uns peixes ben fermosos.
Foi unha mañá moi entretida e divertida!!!. 
 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola: O venres, 20 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano estivo adicado a Florencio Delgado
Para conmemorarlo fixemos un quebracabezas xigante coa caricatura do autor. Cada aula decorou libremente unha peza que logo colocaría nun panel ata ter o quebracabezas completo. 
Logo, cada nivel leu un poema de Florencio Delgado, acompañado dunha lámina que formaba parte da súa vida e obra.
Para finalizar a pequena homenaxe gozamos da música que o alumnado e o mestre de música, xunto con Baldo, ensaiaron para dita ocasión.
Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!!!


 

Programa do Día das Letras Galegas

 Ola: aquí vos deixamos o programa do Día das Letras Galegas.

 

mércores, 1 de xuño de 2022

CELEBRACIÓN DOS MAIOS.

Ola: Cando chega este mes no cole poñémonos a pensar nos MAIOS, que é a festa que anuncia o esplendor das flores e a despedida do cru inverno. Celébrase desde tempos moi remotos en distintos lugares de Galicia, aínda que en Ourense ten un carácter máis destacado e singular.
Este curso, relacionado coa liña temática que é "O Camiño de Santiago", puxémonos mans á obra para facer un hito. A súa estructura de cartón colocámola nun carriño e foi pasando polas aulas para que o alumnado o decorara con flores, paus, musgo,...que recolleron aos arredores do colexio.
Unha vez rematado o noso hito, celebramos os MAIOS cunha festiña que comezou no recreo escoitando música tradicional. Despois continuou cando sairon ao patio o maio e Perico e cada aula leu unha copla dos compañeir@s da aula do lado. Ademáis, o mestre Juanjo tocou a guitarra, coa colaboración do alumnado do PFB, que leu e cantou "Aí ven o maio" de Florencio Delgado. 
Para rematar a festa fixemos un tren e fomos cantando e bailando ao son de distintas cancións tradicionais...Unha delicia de momentos compartidos!.

Agardamos que vos guste o resultado!!!

 


 

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Ola: 22 de abril celebramos o "DÍA DO LIBRO" e no colexio realizamos algunhas actividades na biblioteca: Perico e Piruleta, contáronnos un conto titulado "O camiño" e, a continuación, fixemos un obradoiro onde elaboramos o material (árbores, flores,...) para crear a nosa próxima curtametraxe animada, baseada neste libro. 
E, uns días despois, os alumnos do PFB fixeron de contacontos aos seus compañeiros pasando polas súas aulas e foi unha experiencia que desfrutaron todos moito!!!.


luns, 2 de maio de 2022

DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA.

Ola: o 24 de marzo celebramos o "DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA". A actividade consistiu en facer unha maqueta nun taboleiro dun “Souto de castiñeiros dos desexos” (que inclúe un río). Para facelo cada aula fixo durante a semana un castiñeiro con diverso material (de refugallo, natural,...) e tiñan que escribir no tronco  un desexo (cun pictograma ou con letras). 
O día da conmemoración o alumnado colocou no taboleiro a árbore e, ao seu arredor, unha planta aromática,  mentres algúns alumnos do PFB ían lendo os desexos e explicando as características das herbas aromáticas. Despois, tamén  leron unha poesía sobre os castiñeiros, a auga, a primavera,...
Compartimos un vídeo resumo da nosa celebración. Esperamos que vos guste!!!.


"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Ola: o 8 de marzo para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" cada aula empregou e adaptou distintos materiais que compartimos nun "genially" para tal fin.

Como actividade colectiva, decidimos reciclar un mural do curso pasado e darlle un novo uso. Baixo o lema "TODOS SOMOS TODAS..." cada titor/a traballou co seu alumnado distintas profesións que, indistintamente, poden desempeñar tanto homes coma mulleres. Con foto, pictograma ou debuxo o alumnado escolleu unha profesión e decorou o seu círculo. O mural colocouse na Praza das Pombas e por ali fomos pasando todos/as.

 


DÍA DE ROSALÍA

Ola: para conmemorar o "DÍA DE ROSALÍA" fixémolo en colaboración coas familias e coas actuacións moi especias do alumnado do PFB, acompañados de Martín e Baldo. Ademáis, tamén decoramos un panel da protagonista do libro "Parece unha rosa".
Un traballo fantástico!!!.

 


mércores, 6 de abril de 2022

ESTREAMOS CURTAMETRAXE: PERICO COÑECE O ENTROIDO NO CEE MIÑO

Ola: querida Comunidade Educativa, estamos felices de presentarvos esta nova curtametraxe, titulada "Perico coñece o Entroido no CEE Miño".
Nela, o alumnado do centro preséntalle á nosa mascota Perico o senlleiro Entroido da provincia de Ourense, durante unha parada que realiza de camiño a Compostela.
Parabéns a todos/as que participaron na realización: alumnos/as, mestres/as,... 
Agardamos que vos guste!

 


venres, 4 de febreiro de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Ola: como o día 30 de xaneiro conmemórase o "DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ" no cole celebrámolo o xoves 28 con varias actividades no noso auditorio.

Previamente, durante toda a semana e  nas distintas aulas, fixéronse diversos traballos e actividades en relación a dita conmemoración.

Desde o Departamento de Orientación organizouse unha actividade co alumnado do PFB, que consistiu en que explicaran que era para eles a Paz. E, froito desas explicacións, saiu este vídeo tan emotivo.

Cada aula estivo traballando en dúas actividades, que consistiron en decorar unha pomba para logo facer un mural colectivo e decoraron un paraugas transparente con distintas palabras relacionadas coa paz: AMOR, AXUDA, AGARIMO, RESPETO, APERTA, COMPARTIR, EQUIDADE, TOLERANCIA, AMIZADE, FELICIDADE  E ESCOITAR.

O mural colectivo estívose facendo no auditorio e os paraugas colgáronse no hall da entrada do cole.

 

Na presentación podedes ver como transcurriu o acto e as outras actividades que fixemos.

Nesta celebración, dous alumnos do PFB, Yerai e Sofía, leron un manifesto que previamente adaptamos con pictogramas e as súas voces.

Sofía tamén cantou a canción de "Paz, Paz, Paz" de Juanes.

E para rematar estivemos todos xuntos cantando e bailando ata a hora de comer...porque...

 

"A PAZ COMEZA E COMEZARÁ SEMPRE 

CUN SORRISO" .

 

 

xoves, 20 de xaneiro de 2022

PANXOLIÑA

Ola: A comunidade educativa do C.E.E. Miño deséxavos un BO NADAL e unhas FELICES FESTAS con este vídeo que gravamos entre todos e todas con moitísima ilusión!!!.


FESTIVAL DE NADAL 2021

Ola: Compartimos convosco o Festival de Nadal, onde os alumnos e alumnas de PFB nos deleitaron con grandes actuacións musicais. Como sorpresa final recibimos a visita de Papá Noel que viña cargado de agasallos.


Que pasedes unhas Boas Festas!!!.

 

FELICITACIÓN DE NADAL DA ANPA

Ola: Desde a ANPA do CEE Miño achégannos esta fermosa felicitación de Nadal para toda a comunidade educativa que compartimos con todo o noso agarimo.

Moitas grazas pola vosa implicación!!!.


POSTAIS DE NADAL 2021

Ola: No C.E.E. Miño comezamos a festexar o NADAL compartindo con todos vós estas postais tan bonitas que fixemos no noso decorado Sorriso