Ola: o 16 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado "AS CANTAREIRAS- A POESÍA POPULAR" e, por iso, poñemos en valor a poesía popular oral, esa que leva séculos facendo rir, emocionar e pensar. Para homenaxeala, o noso alumnado fixo unhas pandeiretas moi especiais e axudou a vestir a unha cantareira que xa quere botar a cantar!!!.
Ademáis, para darlle continuidade á programación de actividades organizadas para celebrar as Letras Galegas, o venres 23 de maio, tivemos música en vivo e en directo.
Grazas a nosa compañeira Marta e as súas compañeiras, as pandereteiras "As lambisqueiras" de Barbadás, desfrutamos dunhas cantigas tradicionais ao son das súas voces e as ferreñas que non deixaron de soar!!!.Moitísimas grazas e a seguir mantendo a tradición.
Foi estupendo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario