luns, 6 de maio de 2024

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA PRIMAVERA 2024

Ola: A semana do 18 ao 22 de marzo realizamos dúas actividades para conmemorar o DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA PRIMAVERA.

Por unha banda, coa axuda do profe Ramón e o alumnado do PFB de Xardinería, apadriñamos distintas especies de árbores que temos nos arredores do centro. Logo dun sorteo, cada aula decorou un canto rodado e saiu a identificar e colocar a súa pedra na árbore correspondente.

Os rapaces e rapazas do PFB aínda van seguir identificando e colocando máis cantos rodados a outras especies que temos no centro.

Por outro lado, fixemos outra actividade moi bonita: "LIBERAR UN POEMA" que consistiu en compartir uns poemas cos compañeiros e compañeiras do cole CEE  Santa María (Lugo).

Como veredes no vídeo, nos enviámoslles unha gaiola cargadiña de poesía e eles fixeron o mesmo, unha vez no centro o alumnado do PFB encargouse de ir polas distintas aulas dándolles aos alumnas e alumnos a escoller un poema para posteriormente lérllelo.

MOITAS GRAZAS a todos e todas os que  fixestes posible as actividades!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario