sábado, 2 de xuño de 2018

FESTA VOZ NATURA

MAÑÁ SÁBADO 2 DE XUÑO, COMA TODOS OS ANOS O PRIMEIRO SÁBADO DE XUÑO, CELEBRASE EN ACEA DE AMA, CULLEREDO (CORUÑA) A FESTA DE FIN DE CURSO PARA TODOS OS CENTROS QUE PARTICIPAN COS SEUS PROXECTOS EN VOZ NATURA.
O ALUMNADO DO CEE MIÑO, AÍNDA QUE NON ACUDIRÁ Á FESTA, ENVIOU UN PANEL FOTOGRÁFICO CO RESUMO DO PROXECTO QUE ESTARÁ EXPOSTO NO RECINTO.
POR SE ALGUÉN QUERE ACHEGARSE DE XEITO PARTICULAR, PERICO E PIRULETA COMPARTEN O PROGRAMA DE ACTIVIDADES E HORARIOS DESTA FESTA.


xoves, 24 de maio de 2018

TALLER SENSACIÓNS

O PASADO DÍA 10 DE MAIO, COMO ACTIVIDADE FIN DE PROXECTO: "SABELA NA CASA DA AVOA",  LEVOUSE A CABO UN TALLER DE SENSACIÓNS, QUEDANDO AGRUPADAS EN CATRO RECUNCHOS, UN CON SABORES, OLORES E TEXTURAS CON FROITAS E VERDURAS, RELACIONADAS COA COCIÑA E HORTA; OUTRO CON OLORES E TEXTURAS CON COLONIAS, CREMAS, XABÓNS, ESPUMAS, PEINES, E ESPONXAS, RELACIONADAS CO BAÑO; OUTRO CON DISTINTOS TACTOS CON PELUCHES E TEAS, RELACIONADOS CO DORMITORIO; E POR ÚLTIMO UN DE OLORES E TEXTURAS CON PRANTAS AROMÁTICAS E FLORES, RELACIONADAS CO XARDÍN.
O ALUMNADO FOI ROTANDO POLOS CATRO RECUNCHOS AO LONGO DA MAÑÁ.
A CONTINUACIÓN, COMA SEMPRE, UNHA REPORTAXE DESTA ACTIVIDADE PARA A LEMBRANZA.

mércores, 23 de maio de 2018

ACTO CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

O PASADO DÍA 16 DE MAIO LEVOUSE A CABO, COMO XA ESTABA ANUNCIADO NO PROGRAMA, O ACTO DE CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS; PRESENTADO POLA MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA, NO PAPEL DE SABELA, PROTAGONISTA DO PROXECTO DESTE CURSO: "SABELA NA CASA DA AVOA". 
PRIMEIRO PROXECTOUSE O VÍDEO CUNHA BIOGRAFÍA ADAPTADA DA AUTORA, MARÍA VICTORIA MORENO.
A CONTINUACIÓN CADA AULA COLOCOU A PÁXINA CORRESPONDENTE PARA, ENTRE TODOS, CREAR O CONTO "SABELA E OS SEUS AMIGOS NA FESTA DO FAIADO".
LOGO, PROXECTOUSE A VÍDEO-MONTAXE COAS PÁXINAS DO CONTO E AS FRASES LIDAS POLO ALUMNO KEVIN PAZ.
REMATOUSE O ACTO A RITMO DA MUIÑEIRA DE BEARIZ TOCANDO E BAILANDO.