xoves, 19 de decembro de 2024

CONTACONTOS UXÍA MORÁN

Ola: o 18 de decembro tivemos unha visita moi especial no cole...veu UXÍA MORÁN!!!.

"LEER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS" .

E vaia se soñamos hoxe tendo a Uxía facendo maxia coas palabras. Foi un pracer poder gozar dos seus contos e poder viaxar durante un anaquiño por eses mundos fantásticos!.

Grazas por poñerlle voz a todas estas historias e por deixarnos formar parte delas!.

Agardamos que o pasaras tan ben como nolo fixeches pasar a nós!!!.

Un pracer e agardámoste pronto!!!.




DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2024

Ola: Este ano, para reivindicar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, fixemos unha pequena homenaxe aos deportistas paralímpicos galegos dos Xogos Paralímpicos París 2024

No cole, os días previos e nas distintas aulas, estivemos traballando e investigando sobre varios deportistas paralímpicos galegos con algún tipo de discapacidade e logo fixemos unha montaxe nun panel con todos/as.

Organizáronse distintos xogos en tres espazos do cole, polos que o alumnado foi rotando e foi unha xornada moi divertida. Os nosos "Deportistas de Velle" déronno todo e ao final conseguiron as súas medallas.

Como a inclusión é cousa de todos/as, grazas por facela posible!

Recordade sempre que: "As vosas CAPACIDADES sempre serán máis grandes que calquera discapacidade"


Ademáis, para seguir coa celebración deste día, o 5 de decembro vivimos unha mañá moi diferente, foi unha experiencia difícil de esquecer...A primeira convivencia entre os dous Centros de Educación Especial que hai na cidade de Ourense.

Cantas emocións compartidas!!!

Foi un éxito!!!

Os compañeiros/as do CEE O Pino chegaron sobre as 10:35 e no noso centro organizáronse tres actividades polas que foron pasando todos/as en pequenos grupos:

1. Percorrido polas instalacións do centro e visita dalgunhas aulas.

2. Circuito no patio.

3. Merenda no apartamento.

Foi unha gran experiencia que nos gustaría repetir axiña!!!

Moitas grazas por facelo posible!!!.