venres, 9 de xaneiro de 2026

NADAL´25

Ola: na derradeira semana, antes das vacacións, celebramos no cole o NADAL de moitas maneiras, como podesde ver nos vídeos.

BO NADAL!!!

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE´25

Ola: O venres, 5 de decembro, celebramos a diversidade que enriquece o noso cole.
Estreamos a canción "BRILLAMOS XUNTOS", cantamos, bailamos e desfrutamos.

"Brillamos xuntos" é unha canción que creamos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, lembrando algo que, no noso cole, vemos cada día: todos e todas temos unha luz única que achegar.

Ilustramos a canción con momentos especiais do noso alumnado, que coa súa alegría, esforzo e a súa maneira de mirar o mundo, nos ensinan a ser mellores.

Porque cando camiñamos da man...brillamos máis fortes.

Grazas a todos e todas por encher cada recuncho do cole de luz e de vida.

Sigamos construíndo xuntos un espazo onde todas e todos podamos ser, sentir e brillar.

Cada sorriso, cada mirada e cada pequeno logro do noso alumnado lémbranos que todas as luces son importantes.

Estes vídeos son unha homenaxe a iso.


                                                      



luns, 17 de novembro de 2025

MAGOSTO´25

Ola: o 10 de Novembro celebramos a festa por excelencia de Ourense, o MAGOSTO, con xogos, piñata e, por suposto, moitas castañas!!!. 
Ademáis, as nosas compañeiras, Aida e Vanesa, foron as cantareiras que nos animaron a festa!!!.

                         VIVA O MAGOSTO!!!.


SAMAÍN´25

Ola: a semana do 31 de outubro celebramos o SAMAÍN no cole con varias actividades coma un "Photocall" e unha "Merenda terrorífica".

Desfrutade do SAMAÍN!!!


 

 

mércores, 5 de novembro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES´25

Ola: o 24 de Outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no CEE MIÑO!!!.
Un día moi especial para lembrar que os libros son portas abertas á imaxinación, ao coñecemento e á inclusión. Porque ler é viaxar, descubrir e medrar xuntos.
Durante o acto, presentamos "O GRAN LIBRO DAS NOSAS VILAS" de Blanca Millán que nos acompañará ao longo deste curso dentro do PDI da nosa biblioteca: "PERICO VIAXEIRO".
Un proxecto cheo de ilusión, aprendizaxe e aventuras por compartir!!!.