Ola: Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos varias actividades ao longo de dúas semanas e, a continuación, explicámosvos un pouquiño cales foron:
1. Elaboración dun libro-forma de "Violeta ás agachadas". Cada aula escolleu un mes diferente do libro e fixo a adaptación baseándose na ilustración dese mes no conto orixinal, logo a creatividade e imaxinación foron as encargadas de facer un traballo tan fermoso.
En breve poñeremos outra versión, onde o alumnado le en voz alta os refrán e ditos de cada mes.
2. Obradoiro de elaboración de pan artesanal e roscón de Pascua por parte do alumnado da aula 1, que foron acompañando a Perico e Violeta para recoller, en cada aula, a páxina do libro-forma de "Violeta ás agachadas". Como agasallo entregaron un anaco de pan ou roscón para quen quixo.
3. Desfrutamos un montón do contacontos con Sabela Gago, que veu a facer maxia cunha maleta chea de historias para compartir con nós!!!.
4. Mural colaborativo de varias aulas nas que traballaron distintos poemas, en forma de caligramas, do autor Ramón D. Veiga, autor do libro "Violeta ás agachadas", que escollemos para traballalo como Proxecto Documental Integrado ao longo do curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario