O 23 de abril é unha data simbólica no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores.
Ao longo desta semana, como xa sabedes, para celebrar esta data tan especial, no centro faremos varias actividades.
Para comezar a festexalo, hoxe no corredor principal cada titor cos seus alumnos/as colocou os fermosos puntos de lectura que estiveron elaborando durante estes días.
A continuación, deixóvos unhas imaxes para que podades ver que bonito quedou o recuncho de exposición de libros e puntos de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario