xoves, 23 de maio de 2013

A CAIXA DE MÚSICA


Hoxe fomos ó Auditorio Municipal de Ourense ver unha obra chamada a Caixa de Música.
A caixa de música é un espectáculo de monicreques no que a compañia galega Titeres Viravolta conta a historia de Icía e Salterio, dous nenos que xogando, estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar "gran axuda".




Ningún comentario:

Publicar un comentario