Edicións do Cumio é unha editora especializada en temas musicais (entre outros) de aí que de cando en vez nos achegue produtos imprescindibles para atender ese campo. Xa coñecíamos Para cantar e bailar de Luis Prego e agora temos a ocasión de ver Xogos musicais, do mesmo autor, ambas na colección Música e multimedia
A presentación editorial aclara:
"Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e
cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro
entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das
cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño
para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando
exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar, e
facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou
cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con
temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en
práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”.
Contén un CD con 38 cancións."
Contén un CD con 38 cancións."
As ilustracións de Marta Iglesias aportan ese outro compoñente plástico tan
necesario cando se trata de ter o libro nas mans. Unha visión sintética e
esquemática, unhas cores alegres que falan desa ledicia que todos sentimos
cando cantamos e xogamos, a arte nas páxinas.
Un material de moito interese que ten un lugar de privilexio nas mochilas
viaxeiras dos máis pequenos, para recuperar a tradición, para vinculala aos
afectos, para xogar e xogar!
Outro título que debemos lembrar é Zampadanzas do mundo. Danzas á carta de
Marta Pereira Coutinho, e lembrar que se pode descargar un capítulo de cada
libro para catar.
Nova Galicia Edicións ven de publicar un par de
títulos, o primeiro deles para primeiros lectores, e o segundo para lectores
autónomos. Trátase dun libro de poemas de Luz Beloso con ilustracións de Miguel
Ángel Alonso Diz que leva por título O cullarapo Croque e outra obra dos mesmos
autores, A nena á que non deixaban ser feliz. Estes libros, publicados anteriormente por A Porta Verde do Sétimo
Andar, Q de Vían Cadernos, iniciativas nadas coa axuda da plataforma verkami que agora son retomadas por editoriais
que facilitan a súa distribución e tradución.
O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo.
O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario