No CEE Miño celebrouse o Día da Paz o día 30 de xaneiro, como se ven
facendo cada ano. O acto constou de tres partes:
1º Cada aula colocou o seu mandala, que cada titora foi elaborando ao longo
da semana co seu alumnado, na árbore que previamente a mestra Analu pintara. E así
quedou o noso mural da Paz 2014:
2º Un grupo do alumnado do 3º ciclo recitou o poema “Desexos de Paz”
apoiados por imaxes e pictogramas que o Equipo de Tics adaptou.
3º Elisa cantou a canción “Paz y Amor” de Gisela, tamén apoiada por unha
montaxe de fotográfica do alumnado representando accións relacionadas coa Paz.
Resumo fotográfico deste acto na seguinte presentación:
Nas aulas de Audición e Linguaxe realizouse a árbore das Sementes da Paz
Ningún comentario:
Publicar un comentario