Por fin xa temos a vosa disposición dúas novas creacións:
"As pólas da nosa árbore" un libro que recolle nas súas páxinas a visión da primavera segundo o alumnado de cada aula.
"Exploramos produtos do noso horto", un libro moi especial elaborado entre dous talleres, Exploramos cos sentidos e Os contos, é un libro axuda para o traballo con produtos do horto, consta dunha parte manipulativa para o repaso dos produtos traballados,emparellando produto, palabra e pictograma; logo ten unha parte na que están gardados os aromas de cada produto. Para traballar con el, primeiro mostrase o produto real (laranxa, fresa, lavanda,..), logo de tocalo pasase ao sabor, ben comendo si se trata dun froito, ou bebendo en infusión si se trata dunha planta; logo pasase ao cheiro cun aromatizador. Agardamos sexa de utilidade e agrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario