Hoxe, ás 10.30 horas da mañá, o alumnado das aulas 4 e 10, arrancaron en autobus dirección ao pavillón da Expourense, onde os agardaban os encargados da actividade, Parque Infantil de Tráfico, do Concello e de Tráfico.
Alí, despois dos saúdos e presentacións correspondentes, Sinda, Fina, Manuel e Celso, acompañaron ao alumnado recorrendo o circuíto (maqueta dunha cidade coas súas rúas e sinais) a pé, exlicándolles os distintos sinais que tiñan que respectar ao longo do circuíto en bicicleta e cars.
A continuación unha mostra da actividade.
Unha iniciativa educativa excelente para os rapaces. Aprender educación e seguridade vial dende idades temperás é fundamental para previr accidentes e fomentar o respecto nas rúas. Parabéns ao centro e aos organizadores por esta fantástica actividade!
ResponderEliminar