Cun chisco de
retraso chegan as novas de fin de curso.
Este ano a fin de
curso, como xa se foi informando en entradas anteriores, estivo ateigada de
emocións. Coma sempre, o remate de curso coa súa festa e a despedida dos
graduados, mais este ano engadíuselle a celebración do 30 Aniversario.
Así o día 20 de
xuño, coincidindo co último día lectivo para o alumnado, celebrouse o acto do Festival
Fin de Curso, comezando segundo o
programa, coa acollida ás familias e autoridades coa presentación de tres
vídeos, un que resume os 30 anos de Intervención Educativa Especializada, outro
que complementa ao do 2012 no que se
presenta un día na vida do alumnado no centro, e por último un resumo
fotográfico deste curso.
Para velos hai que ir aos seguintes enlaces:
https://www.dropbox.com/s/5vey4q22agduclj/30%20aniversario%202-HD%20%28720p%29.m4v
https://www.dropbox.com/s/ep1jsvy8epmucbb/Velle%202014.mov
https://www.dropbox.com/s/y5njjjx8w1476hi/VELLE%2013-14%20.m4v
E na seguinte revista aparecen os textos que serviron de guía e presentación a cada actuación:
Este curso o
festival xirou arredor da Música que, en cada unha das súas formas, levou o acto
cara a un SENDEIRO DE LEDICIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario