Chega o outono
e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as
augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise e vén o
frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son
os tempos de Samaín.
Samaín, palabra
gaélica, significa fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o
tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o
período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos
camposantos, comer o porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos
guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outro mundo abríanse
nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus
moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar
dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e
errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as
caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, os ritos e crenzas
célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na
cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. En Galiza
atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das
súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes
diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
A DESCANSAR PARA MAÑÁ BAILAR E BRINCAR COAS BRUXAS DO SAMAÍN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario