O Día Escolar da Paz e Non Violencia celébrase todos os anos o 30 de xaneiro. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz. Neste día, os centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura ou relixión.
O Día Escolar da Paz e a Non Violencia é unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista maiorquín Llorenç Vidal Vidal e que se practica no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (30 de Enero).
E no CEE MIÑO hoxe vaise celebrar do seguinte xeito:
Ás 13:30 reúnese toda a Comunidade Educativa no Salón das Cores onde se levará a cabo a escenificación, "A galiña azul e os seus desexos de Paz", rematando o acto coa canción "Ven comigo" de María Fumaça que estiveron a traballar na semana pasada, adaptandoo tamén con pictogramas de Arasaac
VEN COMIGO adaptado con pictogramas from Taller CEE Miño on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario