COMO ESTE ANO O DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO, COINCIDIU CO ENTROIDO, NO COLEXIO CELEBRÁMOLO O 5 DE MARZO.
PARA ESE DÍA, PERICO E PIRULETA PROPUXERON QUE, NA BIBLIOTECA, TODOS OS NENOS E NENAS (EN PEQUENOS GRUPOS) ESCOITARAN UN FERMOSO POEMA DE ROSALÍA, "LUGAR MÁIS FERMOSO NON HOUBO NA TERRA" de CANTARES GALEGOS, RECITADO POLA SÚA COMPAÑEIRA SOFÍA, QUE O FIXO XENIAL E O DISFRUTOU MOITO.
DESPOIS PEGARON NUNHA ROSA XIGANTE AS SÚAS ROSIÑAS DE DIFERENTES TEXTURAS, FEITAS CON MOITO AGARIMO NAS SÚAS AULAS E COS SEUS MESTRES.
XA VEREDES QUE BONITA QUEDOU ESTA ROSA XIGANTE EN HONOR A ROSALÍA DE CASTRO!!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario