martes, 19 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

ESTE ANO CELEBRAMOS O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" DUN XEITO DIFERENTE, DESDE A CASA. PERO AÍNDA ASÍ, QUIXEMOS HOMENAXEAR AO AUTOR ELEXIDO ESTE ANO, RICARDO CARVALHO CALEROE, PARA ISO, A PROFE ROSA AGASÁLLANOS CUNHA LECTURA DUN CONTO DESTE AUTOR "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", E O PROFE ANDRÉS LÉMBRANOS A CASTELAO HOMENAXEADO NO ANO 1964.
          
TAMÉN, AO COMEZO DO VINDEIRO CURSO, TRABALLAREMOS  O CONTO “AS PITAS BAIXO A CHOIVA”,  ELABORANDO VARIAS ACTIVIDADES PARA FACER CO NOSO ALUMNADO NO COLEXIO.

AQUÍ VÓS DEIXAMOS ALGÚNS ENLACES SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO:



ADEMAIS, PARA CELEBRAR "A PRIMAVERA DAS LETRAS", DESDE O EDLG PROPÚXOSE, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES QUE SE FARÁN ATA O REMATE DO CURSO, UN TRABALLO ADAPTADO POLOS MESTRES E MESTRAS DO CENTRO ADICADO AO NOSO ALUMNADO, O CAL PARTIU DA OBRA DE ESCRITORES GALEGOS HOMENAXEADOS ANOS ANTERIORES NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario