A semana do 26 ao 30 de Outubro estivemos realizando algunhas actividades no centro para conmemorar dúas datas importantes no calendario escolar.
Por un lado, o 24 de Outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares e quixemos aproveitar dita data para presentar o conto co que traballaremos este curso e será a línea temática do centro: SABELA E A RÚA.
Por outro lado, a celebración do día das Letras Galegas quedou marcada para o 31 de Outubro e aínda que durante o confinamento do mes de maio se estiveron facendo actividades de xeito virtual, non quixemos deixar pasar a data sen recordar a figura de Ricardo Carvallo Calero e facerlle unha pequena homenaxe a unha das súas obras máis coñecidas: AS PITAS BAIXO A CHOIVA.
As actividades leváronse a cabo na Biblioteca o martes e o mércores e o alumnado foi baixando cos seus titores e con profesorado de apoio en distintos grupos.
Sabela foi a encargada de presentarnos o conto adaptado con pictogramas, por parte do Equipo da Biblioteca, de SABELA E A RÚA.
Ao rematar, algúns alumnos e alumnas da aula 10 foron os encargados de dar a benvida a nova biblioteca, que coas obras que se levaron a cabo nela, agora é un espazo moito máis amplo e está quedando moi fermosa e acolledora. Explicáronnos o funcionamento da mesma, horarios, normas e as medidas covid que hai que ter en conta.
A continuación, Sabela e o seu amigo Ricardo fixeron unha fermosa adaptación e dramatización do conto: AS PITAS BAIXO A CHOIVA. As profes Paula ( Sabela) e Lupe (Ricardo) fixeron unha marabillosa representación na que fixeron partícipe ao alumnado e disfrutou mogollón!!!
E para rematar, que mellor xeito que con música...Desta parte encargouse o profe Jose que preparou unha canción moi marchosa para a ocasión.
Aqui a deixamos para que a escoitedes todas as veces que queirades!
Aqui vos deixamos o video coa montaxe do conto e a canción incorporada.
E moito contarvos como foi todo pero queremos que o vexades vos con este vídeo que preparamos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario