luns, 3 de xuño de 2024

LETRAS GALEGAS´24: LUÍSA VILLALTA

Ola: O xoves, 16 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a autora Luísa Villalta. As actividades que fixemos foron:

-  Un Photocall do avatar de Luisa Villalta e o alumnado tamén se caracterizou da autora con pelucas, roupa variada,…

- Para relacionalo coa cidade marítima (A Coruña) onde naceu a autora, houbo dous recipientes grandes de plástico, un con auga e espuma onde se botaron uns barquiños cunha palabra clave relacionada coa biografía da autora; e, no segundo recipiente, púxose area.

- Para rematar, colocouse unha mesa con diversos instrumentos musicais porque a autora era violinista.

               Esperamos que disfrutedes do vídeo!!!                             

Ningún comentario:

Publicar un comentario