luns, 17 de novembro de 2025
MAGOSTO´25
SAMAÍN´25
mércores, 5 de novembro de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES´25
Un día moi especial para lembrar que os libros son portas abertas á imaxinación, ao coñecemento e á inclusión. Porque ler é viaxar, descubrir e medrar xuntos.
Durante o acto, presentamos "O GRAN LIBRO DAS NOSAS VILAS" de Blanca Millán que nos acompañará ao longo deste curso dentro do PDI da nosa biblioteca: "PERICO VIAXEIRO".
Un proxecto cheo de ilusión, aprendizaxe e aventuras por compartir!!!.
martes, 20 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS´25
Ademáis, para darlle continuidade á programación de actividades organizadas para celebrar as Letras Galegas, o venres 23 de maio, tivemos música en vivo e en directo.
Grazas a nosa compañeira Marta e as súas compañeiras, as pandereteiras "As lambisqueiras" de Barbadás, desfrutamos dunhas cantigas tradicionais ao son das súas voces e as ferreñas que non deixaron de soar!!!.Moitísimas grazas e a seguir mantendo a tradición.
Foi estupendo!!!
luns, 12 de maio de 2025
MAIOS´25
Ola: E como non podía ser doutro xeito o alumnado do CEE Miño, coa axuda do profesorado e resto de persoal que se implicou na súa elaboración, fixo o seu propio MAIO!!!
Tomamos como referencia un Maio tradicional, que aparece no conto que estamos traballando este curso, e logo, cada aula preparou un adorno e a decoración que lle apeteceu.
Verdade que nos quedou moi chuliño?
venres, 9 de maio de 2025
MALETA VIAXEIRA`25
Grazas a esta experiencia poidemos compartir a nosa paixón por aprender e desfrutar xuntos!
Grazas por ser parte desta aventura de compartir, xogar e descubrir!!!.
mércores, 7 de maio de 2025
DÍA DO LIBRO´25
Ola: Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos varias actividades ao longo de dúas semanas e, a continuación, explicámosvos un pouquiño cales foron:
2. Obradoiro de elaboración de pan artesanal e roscón de Pascua por parte do alumnado da aula 1, que foron acompañando a Perico e Violeta para recoller, en cada aula, a páxina do libro-forma de "Violeta ás agachadas". Como agasallo entregaron un anaco de pan ou roscón para quen quixo.
venres, 11 de abril de 2025
DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA´2025
Vese claramente que Violeta foi a protagonista e aprendemos un montón de nomes de flores diferentes e deixamos voar a nosa imaxinación para facer os traballos tan logrados que saíron.
E que menos que plantar unhas plantas no "Tren de Violeta e Perico" xogando ás agachadas.
mércores, 12 de marzo de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER´25
Vai por todas nós!!!.
martes, 11 de marzo de 2025
ENTROIDO´25
Cada nivel escolleu algo representativo do conto que este curso estamos traballando: "Violeta ás agachadas" e de aí saíron...
1º Nivel: papoulas
2º Nivel: bonecos de neve
3º Nivel: pallozas
E logo, un montón de bechos, flores, xardineiros/as... un bo equipo de traballo para pasar unha mañá de festa!
luns, 24 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA´25
luns, 3 de febreiro de 2025
DÍA DA PAZ´25
E para rematar, cantamos unha canción "O canciño", composta polo noso mestre de música Juanjo.
mércores, 8 de xaneiro de 2025
NADAL´2024
FELICES FESTAS !!!.