Ola: O venres, 5 de decembro, celebramos a diversidade que enriquece o noso cole.
Estreamos a canción "BRILLAMOS XUNTOS", cantamos, bailamos e desfrutamos.
Estreamos a canción "BRILLAMOS XUNTOS", cantamos, bailamos e desfrutamos.
"Brillamos xuntos" é unha canción que creamos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, lembrando algo que, no noso cole, vemos cada día: todos e todas temos unha luz única que achegar.
Ilustramos a canción con momentos especiais do noso alumnado, que coa súa alegría, esforzo e a súa maneira de mirar o mundo, nos ensinan a ser mellores.
Porque cando camiñamos da man...brillamos máis fortes.
Grazas a todos e todas por encher cada recuncho do cole de luz e de vida.
Sigamos construíndo xuntos un espazo onde todas e todos podamos ser, sentir e brillar.
Cada sorriso, cada mirada e cada pequeno logro do noso alumnado lémbranos que todas as luces son importantes.Estes vídeos son unha homenaxe a iso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario