luns, 22 de abril de 2013

GRADUAMOS A PABLO

Nestes días levouse a cabo no centro unha nova graduación. Pablo rematou a súa etapa escolar, comeza un novo camiño, incorporándose ao mundo laboral.
A realidade escolar deste centro é crear un espazo máxico no que se comparten convivencias ,experiencias, sentimentos, tarefas, excursións e coñecementos.
Pablo formou parte desta maxia que se leva a cabo nas aulas cada día, onde se reflicte a pequena escala a vida real.
Pablo camiñou ao noso carón un tempo, agora chegou a hora da bifurcación, e agardamos que esta maxia o acompañe e o guíe no novo centro.
Que sexas moi feliz nesta nova etapa!!!
Sempre estaremos aquí a beira para cando queiras!!!
Botarémoste de menos!!!

mércores, 17 de abril de 2013

MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA



O venres despedimos a dúas grandes profesionais do noso centro,  e para moita xente dúas grandes compañeiras e amigas.
Sagra xa levaba con nós  17 anos e o seu positivismo,especial sentido do humor e ese eterno sorriso  non deixaron indiferente a ninguén.
María con tan só 3 cursos rapidamente se soubo facer querer e se integrou no cole.A súa disposición para axudar a calquer compañeiro/a e a súa alegría deixaron pegadas no colexio.
Dende o CEE MIÑO desexámosvos moita sorte e esperamos que pronto nos veñades a ver  e como dixeron en Casablanca :"...sempre nos queda París...".

martes, 2 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Hoxe celébrase o "Día Mundial da concienciación do Autismo". Data que sirve para recordarnos  a necesidade de mellorar as condicións de vida dos nenos/as e adultos que padecen este trastorno.
Para facer máis visible este día escolleuse unha cor diferenciadora:  AZUL.
No noso cole unímonos a iniciativa de colocar globos azules.Con isto, queremos decirlle a todo o mundo que apreciamos ás persoas con autismo e apoiamos a súa inclusión na sociedade.
Deixámosvos varios videos que agardamos que sexan do voso agrado.
Para máis información sobre este trastorno podedes acceder ó apartado de familias onde atoparedes varias guías informativas.