xoves, 28 de febreiro de 2013

DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS


Hoxe, último día do mes de febreiro, celébrase o Día Mundial das enfermidades raras. Ten como principal meta reinvidicar o dereito a vida en igualdade de oportunidades para 3 millóns de persoas con enfermidades raras.
Coñecer a súa existencia é o primeiro paso para conseguir unha mellor atención para estas persoas e as súas familias.

Deixámosvos o video oficial deste día. Agardamos que vos guste.




xoves, 21 de febreiro de 2013

24 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalia de Castro pola  Consellería de Cultura e Educación no seu Calendarío do Libro e da Lectura.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro, do que este ano se cumpre o 175 aniversario.

No noso centro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa está traballando para conmemorar o aniversario.Polo de agora, aquí vos deixamos estes poemas de Rosalía.







luns, 18 de febreiro de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER

Hoxe celébrase a data de nacemento de Hans Asperger e, a súa vez, o  Día Internacional do Síndrome de Asperger .
O Síndrome de Asperger é un transtorno severo do desenvolvemento, considerado como un trastorno neuro-biolóxico no cal existen desviacións nos seguintes aspectos:

  • Conexións e habilidades sociais.
  • Uso da linguaxe con fins comunicativos.
  • Características de comportamento relacionados con rasgos repetitivos.
  • Intereses limitados.
  • Na maioría dos casos torpeza motora.
Para os interesados/as, no seguínte enlace toparedes información:







DÍA DE SAN VALENTIN E DA AMIZADE



O día 14 no cole tamén celebramos o Día  de San Valentin,  día do amor e da  amizade. Os sentimentos de amor e amizade percorreron o colexio.
Podedes ver o fermoso mural que fixemos: