luns, 20 de abril de 2026

DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA´26

Ola: A primavera chegou ao CEE Miño e con ela... un obradoiro cheo de cores e vida!!!.

Os noso alumnado desfrutou coloreando macetas, trasplantando plantiñas e aprendendo sobre a natureza dun xeito divertido e creativo.

Cada sorriso e cada man sucia de terra contan unha pequena historia de aprendizaxe e alegría.

martes, 17 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA´26

Ola: o 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA coa lectura polas aulas, por parte do alumnado do PFB, de varias poesías e tamén lles entregaron aos compañeiros unha invitación para participar nun obradoiro, o venres 27, na biblioteca do cole.  Neste obradoiro pintamos un chaveiro que tiña, por un lado a cara de Rosalía e, polo outro, a súa casa.
Algúns alumnos tamén desfrutaron, coas gafas virtuais, da visita pola casa da escritora.
               Pasámolo xenial!!!

luns, 23 de febreiro de 2026

ENTROIDO´26

Ola: este curso celebramos o ENTROIDO disfrazándonos de varias profesións: persoal laboral do centro, músicos e bombeiros.

Pasámolo xenial no noso desfile!!!.



 

 

 

 

DÍA DA PAZ´26

Ola: o 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ facendo un "Abecedario da Paz"  e bailamos un "rap" con moito ritmo!!!.


venres, 9 de xaneiro de 2026

NADAL´25

Ola: na derradeira semana, antes das vacacións, celebramos no cole o NADAL de moitas maneiras, como podesde ver nos vídeos.

BO NADAL!!!