luns, 31 de marzo de 2014

SAÍDA AO AUDITORIO

Hoxe un grupo do alumnado do CEE Miño, acudiu ao Auditorio para ver a obra de música "Odaiko vaia circo"






NOVAS CREACIÓNS

Por fin xa temos a vosa disposición dúas novas creacións:
 "As pólas da nosa árbore" un libro que recolle nas súas páxinas a visión da primavera segundo o alumnado de cada aula.
  "Exploramos produtos do noso horto", un libro moi especial elaborado entre dous talleres, Exploramos cos sentidos e Os contos, é un libro axuda para o traballo con produtos do horto, consta dunha parte manipulativa para o repaso dos produtos traballados,emparellando produto, palabra e pictograma; logo ten unha parte na que están gardados os aromas de cada produto. Para traballar con el, primeiro mostrase o produto real (laranxa, fresa, lavanda,..), logo de tocalo pasase ao sabor, ben comendo si se trata dun froito, ou bebendo en infusión si se trata dunha planta; logo pasase ao cheiro cun aromatizador. Agardamos sexa de utilidade e agrado. 




xoves, 27 de marzo de 2014

LECTURAS RECOMENDADAS PARA A PRIMAVERA

Libros e materiais que se poden atopar na Biblioteca do Centro para traballar a estación da primavera.
A continuación unha motra dos libros, e tamén un exemplo de como o alumnado da Aula 1 traballa na Biblioteca con estos materiais.






mércores, 26 de marzo de 2014

martes, 25 de marzo de 2014

SAÍDA AO AUDITORIO

OBRA DE TEATRO: “BON APPÉTIT"

     Onte un grupo do alumnado do Cee Miño acudiu ao Auditorio para ver a obra de teatro “Bon appétit” do grupo de teatro Os Ghadafelhos.